O FirstEnergy Stadium, oficialmente FirstEnergy Stadium, Home of the Cleveland Browns, é un estadio situado na cidade de Cleveland, Ohio (Estados Unidos). É principalmente utilizado como estadio local dos Cleveland Browns da National Football League (NFL) de fútbol americano, aínda que tamén acolle partidos de fútbol americano universitario e de instituto, de fútbol e concertos. Inaugurado en 1999 co nome de Cleveland Browns Stadium, foi renovado en dúas fases en 2014 e 2015. A capacidade inicial do estadio era de 73.200 espectadores, a cal foi reducida até os 67.431 tras as renovacións. O estadio está situado nun terreo de 13 ha situado á beira do Lago Erie no norte da cidade, moi cerca do Centro Científico dos Grandes Lagos e o Salón da Fama do Rock and Roll.[1]
- ↑ 2015 Official NFL Record and Fact Book (PDF) (en inglés). National Football League. 2014. p. 58. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2015. Consultado o 05 de abril de 2017.