«Obama» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase
Obama (homónimos).
Barack Obama Retrato oficial do presidente por Pete Souza, do 6 de decembro de 2012. |
|
Nacemento | (en) Barack Hussein Obama II  4 de agosto de 1961 (63 anos) Kapiolani Medical Center for Women and Children, Estados Unidos de América  |
---|
|
44º Presidente dos Estados Unidos de América |
---|
20 de xaneiro de 2009 – 20 de xaneiro de 2017 ← George W. Bush – Donald Trump →
|
35º Presidente electo dos Estados Unidos |
---|
4 de novembro de 2008 – 20 de xaneiro de 2009 ← George W. Bush – Donald Trump →
|
Senador dos Estados Unidos |
---|
3 de xaneiro de 2007 – 16 de novembro de 2008 (dimisión) – Roland Burris →
|
Senador dos Estados Unidos |
---|
3 de xaneiro de 2005 – 3 de xaneiro de 2007 ← Peter Fitzgerald
|
Member of the State Senate of Illinois (en) |
---|
8 de xaneiro de 1997 – 4 de novembro de 2004 ← Alice Palmer – Kwame Raoul (pt) →  |
|
|
Residencia | Kalorama (en) (2017–) Casa Branca (2009–2017) Chicago (1985–2009) Nova York (1981–1985) Os Ánxeles (1979–1981) Honolulu (1971–1979) Menteng (en) (1970–1971) Tebet (1967–1970) Iacarta  |
---|
Grupo étnico | Afroamericano  |
---|
Ideoloxía política | Feminismo e control de armas de fogo  |
---|
Relixión | Protestantismo, igrexa congregacional, Congregacionalismo (pt) e Igreja Unida de Cristo (pt)  |
---|
Educación | University of Chicago Law School - dereito (1997–2002) Facultade de Dereito de Harvard - Juris Doctor (1988–1991) Universidade Harvard - dereito (1988–1991) Universidade Columbia - ciencia política, relacións internacionais (1981–1983) Occidental College (pt) (1979–1981) Punahou School (pt) (1971–1979) State Elementary School Menteng 01 (en) (1970–1971) Noelani Elementary School (en) (1966–1967) Nelson High School (en) Centaurus High School (en) King College Prep High School (en)  |
---|
Altura | 187 cm  |
---|
Peso | 80 kg  |
---|
Lateralidade | manicho  |
---|
Cor dos ollos | Castaño  |
---|
|
Campo de traballo | Dereitos civís e Dereito constitucional  |
---|
Lugar de traballo | Washington, D.C. Chicago  |
---|
Ocupación | escritor político (1995–), avogado (1991–), organizador comunitario (1985–1988), político, creador de podcast, xurista, estadista, académico, memorialista  |
---|
Empregador | Sidley Austin (pt) (1991–1991) New York Public Interest Research Group (pt) (1985–1985) Business International Corporation (pt) , assistant manager (en) (1983–1984) Fundação Gamaliel (pt) Universidade de Chicago  |
---|
Partido político | Partido Demócrata  |
---|
Membro de | |
---|
Influencias | |
---|
|
|
2009 | commencement at the University of Notre Dame (en) |
2005 | gradación no Knox College |
| World Government Summit 2016 (pt)  |
|
|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
|
Familia | Família de Barack Obama (pt)  |
---|
Cónxuxe | Michelle Obama (1992–)  |
---|
Fillos | Malia Obama, Sasha Obama  |
---|
Pais | Barack Obama Sr. e Stanley Ann Dunham  |
---|
Irmáns | Auma Obama Maya Soetoro-Ng Bernard Obama George Obama Mark Okoth Obama Ndesandjo David Ndesandjo Abo Obama Malik Abongo Obama  |
---|
Parentes | Stanley Armour Dunham, avó materno Madelyn Dunham, avoa materna Lolo Soetoro, padrasto Hussein Onyango Obama, avó paterno Habiba Akumu Obama, avoa paterna  |
---|
|
|
2020 | Obama spying contra-Trump allegations (en)  |
20 de xaneiro de 2013 | Posse de Barack Obama em 2013 (pt)  |
20 de xaneiro de 2009 | posse de Barack Obama (pt)
|
|
|
|
Sinatura  |
|
Descrito pola fonte | Lentapedia Lentapedia Grande Enciclopedia de Cirilo e Metodio  |
---|
Sitio web | barackobama.com  |
---|
 |
Barack Hussein Obama II, nado en Honolulu (Hawai) o 4 de agosto de 1961,[1] foi o cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América. É o primeiro afroamericano en acadar este posto. Obama foi senador polo estado de Illinois entre xaneiro de 2005 e novembro de 2008, momento en que renunciou ao cargo para botar os folgos á campaña presidencial.
Ten o graduado pola Universidade de Columbia e pola escola de dereito de Harvard (en inglés: Harvard Law School), onde foi nomeado o primeiro presidente afroamericano da revista Harvard Law Review. Foi organizador comunitario en Chicago antes de obter o grao en Dereito. Traballou como avogado especializado en dereitos civís antes da súa elección como senador polo estado de Illinois. Tamén impartiu clases de dereito constitucional na escola universitaria de dereito de Chicago (en inglés: University of Chicago Law School) dende o ano 1992 ata o 2004.
Obama ocupou un escano no Senado de Illinois durante tres lexislaturas (de 1997 a 2004). Tras perder unha contenda para obter un escano no Parlamento norteamericano no ano 2000, presentou a súa candidatura ao Senado no 2004. En marzo do 2004, venceu nas eleccións primarias do partido demócrata, o que fixo del unha figura coñecida no país. Despois de pronunciar o seu discurso de apertura do congreso demócrata dese mesmo ano, a súa popularidade aumentou significativamente. Foi elixido senador dos Estados Unidos en novembro do ano 2004 coa marxe de votos máis ampla da historia de Illinois.
Comezou a súa carreira cara á presidencia en febreiro de 2007.[2][3] Tras unha campaña axustada nas eleccións primarias de 2008 contra Hillary Clinton, gañou a candidatura polo partido demócrata, converténdose no primeiro candidato afroamericano dun dos grandes partidos estadounidenses. Nas eleccións de novembro de 2008 venceu ao candidato republicano John McCain converténdose no cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América o 20 de xaneiro de 2009. O 9 de outubro dese mesmo ano, recibiu o Premio Nobel da Paz polos seus "extraordinarios esforzos para fortalecer a diplomacia internacional e a cooperación entre as persoas".
- ↑ "Obama culmina el sueño de cambio". El País (en castelán). 2008-11-05. ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-07-29.
- ↑ http://www.nytimes.com/2009/10/10/world/10nobel.html?hp
- ↑ Nobel Foundation (ed.). "The Nobel Peace Prize 2009". Consultado o 09-10-2009.